O tanxíbel da outra parte do ceo

 

Este poema pertence ao poemario Linguaxes dixitaisque podes mercar como explico aquí.

O tanxíbel da outra parte do ceo

Elaboro na túa pel
unha mestura de gres
que debuxa o tanxíbel da outra parte do ceo.

Os vinilos viaxan,
no entanto,
a trinta e tres revolucións cada minuto.

As túas mans son rápidas.

Fálasme de cultura sofisticada
no acompañamento ao piano
coa acústica do comedor da casa dos inicios

e pídesme que non marche.

Paso follas do repertorio mecanizado
para o que aínda
(sempre)
me necesitas.

A música do disco soa desde o cuarto.

O pedal esquerdo percute sons
da textura do teu brazo móbil
no movemento máis alegre.

Ao final,
todas as pezas
rematan.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.